Quen somos?

A Iniciativa polo Couto Mixto é unha iniciativa veciñal aberta, que defende os dereitos, intereses e memoria do Couto Mixto. O Couto, integrou unha entidade política foral soberana e protoestatal, homóloga a Andorra ou San Marino. A súa existencia enmárcase entre comezos do século XII e o XIX, periodo no que os "mixtos" desenvolveron unha comunidade política baseada nas liberdades, no comercio, a convivencia e a democracia.
O Tratado de Lisboa de 1864 botou por terra os dereitos e as liberdades destas xentes en nome da fronteiras e a puxanza dos Estados-nación en Europa. Un veciños que tiñan dereito a nacionalidade portuguesa e española, perderon o dereito a atinxir á primeira. Perderon a posibilidade de comerciar libremente cos veciños portugueses e galegos, e sobre todo, e quizais o máis importante, perderon a posibilidade de elixir aos seus gobernantes democraticamente.
Hoxe os mixtos reivindicamos o noso pasado, para termos futuro. O noso pequeno país arraiano estase a tornar un deserto demográfico, a actividade económica é case inexistente, e o estado das comunicacións e as infraestructuras son pésimas. Os integrantes desta Iniciativa, sabemos que estas paraxes do Val do Salas no corazón das Serras de Pena e do Larouco no Parque Natural da Serra do Xurés/Gêres, están cheas de potencialidades, para poder vivir aquí e ter futuro nesta terra. Somos algo único na Península e a pesar da represión que sufriu a memoria dos pobos mixtos, aínda somos conscinetes da nosa singularidade. Como dixera Vicente Risco: "ser diferente é existir" e nós seguimos existindo. 

Comentarios